lunes, 29 de abril de 2013
Binta e a gran idea
Real. Binta e a gran idea é un cortometraxe que nos ensina como é África realmente, cando comezas a velo o primeiro no que te fixas é na natureza, que che recorda a África aínda sen saber moito da súa cultura. Ten dúas historias nunha, por una parte conta a historia do pai de Binta, ese home pioneiro das novas ideas que tras descubrir como eran fóra do seu país decide que algo ten que cambiar, e por outra parte, unha historia secundaria que ten relación , en parte, coas ideas do pai de Binta, que intenta que as cousas cambien e non sigan sendo como son, a prima de Binta, unha rapaza que quere estudar esta atrapada nas antigas costumes do seu país : "Estamos en África y la mujer tiene que quedarse en casa" , esta frase é argumentada polo pai de Soda, a prima de Binta, que non ve lóxico que a súa filla ,que debería quedarse na casa e traballar como a súa nai ,queira estudar, ninguén é capaz de cambiar a súa forma de pensar, pero todos pensan o contrario a el.
Cando o pai de Binta coñece as imnovadoras ideas non decide que o seu país teña que ser igual , decide todo o contrario, sabe que grazas a todas esas ideas o país vai de mal en peor, que o diñeiro comeza a adquirir un primeiro plano cando debería ter un secundario, sabe que o afán de querer máis e máis é o que nos acabará destruindo entre nos, debería aprenderse que o importante de todo é o respeto entre uns e outros.
Dende logo este cortometraxe ensínache a ver as cousas dende outra perspectiva, xa que pensar que ter todo é bon non é correcto, canto máis tes máis queres e en realidade non necesitas tanto, unha ensinanza que foi perdendendo importancia ao longo do tempo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario